Este 28 de xuño queremos celebrar dende ARELAS o Día do Orgullo LGBTIQA+ e visibilizar a loita do colectivo ante a intolerancia dunha parte da sociedade.
Se ben nas últimas décadas se teñen conseguido numerosos avances nos dereitos das persoas LGBT, a situación actual tanto a nivel nacional coma internacional representa unha ameaza fronte a todos estes logros coa difusión de prexuízos, discursos de odio e de desinformación.
Isto fai necesaria unha reivindicación todavía maior para non esquecer que estas problemáticas nos afectan a todes, e todes debemos unirnos. Non podemos dar por garantidos nosos dereitos, pois estamos nunha época de retroceso na loita.
Precisamos saír ás rúas, concienciarnos, e crear un mundo baseado na tolerancia e na prevalencia do amor sobre o odio. Unha comunidade segura na que convivir!
Non deixemos que un medo manufacturado elixa por nós, e sigamos loitando por unha sociedade na que todo o mundo teña a liberdade de ser quen é!