Mañá xoves 30, ARELAS participará no XVIII Simposio de libro e lectura pola diversidade, organizado pola Asociación Galega Editoras. Este Simposio celebrarase no Consello Da Cultura Galega e poderase seguir en directo vía streming dende a canle de youtube da asociación.
Non deixedes de presencialo e reflexionar con nós sobre a importancia de incluir a diversidade afectivo-sexual e familiar nos recursos educativos e literatura infanto-xuvenil.
Que ilusión nos fai asistir e aportar a nosa perspectiva do tema!
Aquí podedes ver toda a información: https://www.editorasgalegas.gal/libros-pola-diversidade…/