O venres 6, ARELAS estará presente no XV Congreso Internacional de Infancia Maltratada, “Caminando en el buentrato”, organizado por FAPMI-ECPAT.
Falaremos da negación da identidade sexual nas crianzas trans, como suposto de maltrato familiar. Unha oportunidade para seguir concienciando e sensibilizando a profesionais, do dereito das persoas trans a desenvolverse libremente.
Neste congreso tamén se poderá escoitar ao noso asesor legal e avogado, Miguel Vieito, sobre os desafios xurídicos en materia de identidade sexual.