En Moaña celebramos o venres (3) e o sábado (4) a V Festa da Diversidade. O venres veremos as estrelas da Noite Irisada e o sábado Niko Elsker contaranos un Conto Invertido, darémoslle á pandeireta con Meiga-i e despois a suar con O Rabelo e Ariezzz. Todo isto aderezado coa nosa expo Mulleres Trans Ilustradas, de gran éxito mundial!!! Non quedes na casa, ven diversificarte con nós!!!!