TRANSMEDIA

TRANSMEDIA é unha campaña contra o descoñecemento social das violencias de xénero que sofren as mulleres trans e para a prevención destas. Unha loita contra a invisibilización e para o recoñecemento e empoderamento das mulleres trans. Por unha sociedade máis xusta e equitativa, libre de violencias de xénero e de transmisoxinia.