Desde ARELAS conscientes do aumento das discriminación e delitos de odio LGTBIfóbicos, ofertamos este obradoiro como actividade dentro do programa IMpúlsa-T financiado por Xuventude Galicia .
“Autodefensa Legal e Trámites administrativos” é un obradoiro práctico online, dirixido a mocidade trans de 14 a 20 anos, que tratará os seguintes temas:
⁻ Actos de discriminación e vulneración de dereitos. Como e onde denunciar.
⁻ Alfabetización en recursos e dereitos da cidadanía
⁻ Mecanismos extraxudiciais de acción existentes en materia de consumo de dereitos humanos e laborais.
⁻ Mecanismos de solución de conflitos (mediación).
⁻ Consellos ou orientacións sobre confección de escritos, entre eles as solicitudes de cambio de nome e sexo legal, prazos e respostas.
Se queres realizar este obradoiro online, solicita a túa praza no correo arelasasociacion@gmail.com . Tamén podes facernos chegar con anterioridade as túas consultas para que o asesor legal e docente do obradoiro Miguel Vieito Villar poida respondelas.
Anótate neste novo obradoiro tan necesario e Impúlsa-T cara o teu futuro!
Miguel Vieito: https://miguelvieito.gal/
Setembro 22,2021