Seguindo coas actividades do outubro trans, dende Arelas, AFMT recomendámosvos moito esta acción formativa que impartirá o noso asesor xurídico, Miguel Vieito Villar, sobre Autodefensa legal ante condutas violentas e/ou discriminatorias e medios de acción/reacción. Este obradoiro forma parte do programa Apodéra-T, de apoderamento sociolaboral de mulleres trans de 16-30 anos, financiado pola Secretaría Xeral de Igualdade Igualdade na Rede https://asociacionarelas.org/gl/apodera-t-empodera-t/ . As datas son:
– O día 22: de 19h a 21h, presencial na Casa Xohana Torres e online
– O día 23: de 10h a 12h, online.
Está aberta a mulleres e a persoas non binarias.
En presencial as prazas son limitadas, reserva axiña no enlace https://deloga.typeform.com/XohanaTorres
Vaia por diante o noso agradecemento á Casa Xohana Torres pola súa inestimable colaboración.