Continuamos visibilizando e sensibilizando sobre a transmisoxinia e a violencia de xénero cara as mulleres trans, porque as discriminacións e as violencias non descansan. E o facemos a través da última incorporación a equipa de ARELAS, Sore Vega Sandín, activista transfeminista, impulsore e psicólogue do Servizo TRÀNSIT da Sanidade Pública Catalá durante 8 anos, acompañando en procesos terapéuticos a máis de 500 persoas trans e non binarias.
Para poder ler toda a entrevista completa o podedes facer aquí: https://asociacionarelas.org/…/transmedia-profesionais/
Como sabedes, esta entrevista forma parte da campaña “TRANSmedia, un mundo seguro comeza aquí”, onde facilitamos información, datos, relatos en primeira persoa e o asesoramento de profesionais en relación a violencia de xénero, en especial fronte á sufrida polas rapazas/mulleres trans.
Está campaña de acción e sensibilización social contra a violencia de xénero, foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade Igualdade na Rede a través de fondos polo Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do @MinisteriodeIgualdad . Compartide e difundide para que a mensaxe chegue moi lonxe!
Se queres obter mais info podes tela aquí: https://asociacionarelas.org/gl/transmedia/
#EuFagoUnMundoSeguro #ParaTodas #Contra_Violencia_Xénero #TransApoio