Profesionales que colaboran con ARELAS


«A Sociedade no seu conxunto debe recoñecer autonomía ás e aos menores trans. Apoiar o contrario supón furtar a dignidade e a felicidade ás nosas crianzas. O Dereito é, e debe ser, unha ferramenta de acompañamento e apoio das persoas e non un pao na roda de quen quere vivir en plenitude e igualdade. Xs menores trans teñen dereito a ser e a se expresar, e todxs debemos velar porque o Ordenamento Xurídico non se interprete ou se convirta nun obstáculo.»

Miguel Vieito:

Licenciado en Dereito pola USC, Investigador en Dereito e consultor legal, especializado en Dereito Sanitario, Dereito Antidiscriminatorio e Dereito relacionado coas Novas Tecnoloxías. Asesor xurídico de ARELAS desde 2014. Miguel foi o autor da solicitude que permitiu o primeiro cambio de sexo e nome a un menor trans en Galicia.

Autor e relator de varios traballos académicos relacionados cxs menores trans, dentro e fóra do noso país entre eles: “Acceso a bloqueadores hormonais por menores trans: autonomía fronte a control parental”, en IX Encontro Luso-brasileiro de bioética. III Encontro lusófono de bioética.

Contacto: miguelvieitovillar@yahoo.es



«Apoiar e traballar polo coñecemento, a visibilización e o respecto da transexualidad na educación, é unha forma de construír unha sociedade máis digna e xusta. Por tanto é unha tarefa de todxs xs educadorxs.»

Carmen Fernández Morante:

Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Profesora Titular do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da USC. Doutora en Ciencias da Educación. Foi Vicerreitora de Titulacións e Persoal Docente e Investigadora e Xefa da sección de Tecnoloxía Educativa do Instituto de Ciencias da Educación da USC.

Coautora do Protocolo Educativo de Identidade de Xénero (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e ARELAS). Impulsora e coorganizadora das” I e II Xornadas sobre Diversidade Sexual dende a Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC”. Participante no proxecto “ Sorrisos Transformadores” de ARELAS e a Deputación de Pontevedra. Firme defensora da diversidade como un valor para respectar dentro do ámbito educativo. Colaboradora de ARELAS dende o 2016.

Contacto: cfmorante@gmail.com



Enrique Latorre Ruiz:

Licenciado en Filosofía pola USC, especializouse en Lóxica e Filosofía da Ciencia cursando un Máster interuniversitario. Actualmente, é investigador Predoctoral na USC, escribindo unha tese na área de Ciencia, Tecnoloxía e Xénero. Os seus intereses céntranse en Filosofía Contemporánea, Filosofía da Ciencia, Feminismos e Sexualidades non normativas.

Coautor e relator de “Acceso a bloqueadores hormonais a menores trans, autonomía fronte ao control parental” no Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC de Madrid. Relator en varias Xornadas, Mesas redondas e Congresos sobre Feminismos e Sexualidades non normativas, ademais de coorganizar as “II Xornadas sobre Diversidade Sexual desde a Educación na Facultade de Ciencias da Educación da USC” e varios Orgullos LGTBI na Galiza.

Contacto: rulaen@gmail.com



Sara Romero Castro:

Activista Feminista, Programadora Informática e Porteira de Fútbol Federada. Actualmente, combina a súa empresa ” NASAHE technology” con traballos para outra independente, ademais de xogar federada estivo en diversas asociacións LGTBI onde podemos destacar que foi presidenta de Transforma, Coordinadora de Adultxs de Arelas, ou Responsable de Políticas Trans de ALAS entre outras.

Coautora da guía LGTBI de Alas 2018/19, foi unha das particípes na redacción da Lei Trans que foi rexeitada no parlamento Galego no 2017, milita na MMM (Marcha Mundial dás Mulleres), segue dando charlas, axudando en textos para o colectivo, e participou de relatora en varias Xornadas, Mesas redondas e Congresos sobre Feminismos, Identidades e movemento LGTBI.

Contacto: rcn.sara@gmail.com





«Poder dedicarme a ilustración e utilizalo para facer chegar mensaxes que poidan servir de apoio a todo tipo de persoas que se poidan sentir excluidas, sexan quen sexan. Gústame poder enviar a mensaxe de estar orgullosx por quén eres agora e como poderás chegar a ser.

Son un xoven como o resto, único e singular. Enorgulléceme cada persoa que está loitando por ser feliz. Intentarei poñer o meu graniño de area para facerllo más fácil. Formar parte dun movemento que loita por iso como ARELAS é moi motivador.»

Prince Vidal:

Rapaz que forma parte de ARELAS e que acaba de rematar o Ciclo Superior de Ilustración. Ten realizado varios traballos para ARELAS que podes ver aquí.

Non dubides en contactar con Prince para realizar o teu proxecto con ilustracións.

Contacto: what.a.prince.workmail@gmail.com



Sore Veiga:

Activista Transfeminista. Actualmente colaboro con varios proxectos da man de ARELAS, KasaTrans e beyondbinarybb.

Asignade muller ao nacer, considérome unha persoa fose do espectro do xénero binario, aínda que no 99.99% das ocasións, léseme como muller e noméalleme en feminino; Utilizo pronomes neutros -morfema “e”-.

Licenciade en Psicoloxía pola UAB. Actualmente realizando o Doutoramento do Programa Persoa e Sociedade no Mundo Contemporáneo do Departamento de Psicoloxía Social da Facultade de Psicoloxía da UAB, centrando a miña investigación en explorar as narrativas de persoas que se nomean fóra do binarismo de xénero e as súas estratexias de resistencia nun mundo binario. Outras formacións destacables son: Licenciatura en Psicoloxía pola UAB, Máster en Terapia Cognitivo-Social pola UB, Posgrao en Terapia Breve Estratéxica pola UdG e Máster en Coaching e PNL polo Instituto Gestalt de Barcelona. Tamén incorporo o mindfulness na miña práctica profesional. Impulsore da atención psicoterapéutica en Trànsit, servizo público de saúde para persoas trans e non binarias do Servei Català da Salut. Actualmente, exerzo na consulta privada acompañando a persoas con identidades e sexualidades diversas desde unha perspectiva marcadamente integradora e transpositiva. Formadore e supervisore en temática trans e non binaria: cursos de Atención á diversidade sexual dirixido aos profesionais dos centros de atención primaria da cidade de Barcelona. ICS. 2014-2021 e en diferentes Masters: Xénero e Comunicación da UAB, Máster de Terapia Cognitivo-Social da UB e en Máster de Terapia sexual e de parella da UB, entre outros.

Contacto: sorevegasandin@gmail.com


Queremos construir un mundo mellor para xs nosxs fillxs.

¿Acompáñasnos?