ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans*

ARELAS, Asociación de Familias de Menores Trans*, é unha asociación formada por familias de nenxs e adolescentes transexuais, que ademais conta cun grupo de traballo de Adultxs Trans, para poder chegar así a todo o colectivo

Xs que formamos parte de ARELAS, vivimos o tabú existente na sociedade con respecto á transexualidade dxs nosxs fillxs. Vimos como ese mesmo tabú sentírono os nosxs fillxs xa que desde ben pequenxs observan, que por encima de todo, xs equivocadxs son elxs e que por tanto deben axustarse ao que a sociedade entende por “normal”. Cada familia vivimos e enfrontamos estes prexuízos dunha maneira distinta pero todas, máis tarde ou máis cedo, decidimos que ante todo, o máis importante era a felicidade dxs nosxs fillxs.

Crear unha asociación de familias de menores trans* supuxo que familias que individualmente nos atopábamos moi desorientadas e perdidas formamos grupos nos cales podemos intercambiar experiencias e vivencias comúns, compartir preocupacións e emocións, creando asi amizades cheas de complicidade e vínculos moi estreitos.
Sentimos que por fin podemos falar con total liberdade sobre os nosxs fillxs sen sentirnos xuzgadxs. E que dicir dos nosos fillos e fillas, cando crees que es o o único trans* no mundo, o sentimento de soidade é moi grande, por iso coñecer a outros nenxs na sua mesma situación, permitiulles verse reflexadxs noutras persoas que sentiron e pasaron polo mesmo. Comezan asi unha relación de xogos e goce de algo, que sin ser ainda conscientes diso, seguramente é o inicio dunha bonita e longa amizade. E o mesmo, para os mais maiores, ox adolescentes: coñecerse entre si permitiulles descubrir a outras persoas coas que intercambiar información, vivencias, medos, frustracións, alegrias, logros. Formando redes coas que poderán construír o que sen dúbida sera un grupo forte no que refuxiarse e apoiarse cando o mundo non pode ou non quere entendelos.

ARELAS, esta constituída por familias pioneiras en abrir o debate social sobre a existencia da transexualidade infantil en Galicia, en amosar aos medios de comunicación a realidade dos nosxs fillxs tratando de que outras familias e persoas que están na mesma situación, sentan acompañadas. Fomos xs primeirxs en conseguir cambiar legalmente os nomes de menores trans* en Galicia, en lograr un protocolo educativo sobre transexualidade, no acceso a bloqueadores puberais,…pero o camiño, temos que recoñecelo, non é facil, como case todos os camiños pouco explorados, pero estamos segurxs de ca forza que nos dan nosxs fillxs, axudarémoslles a alcanzar o seu dereito para ser e sentir, a súa potestade para tomar decisións e o cumprimento de todos e cada un dos dereitos que como persoas, teñen recoñecidos na extensa legislación.

Dende a asociación de familias de menores trans*, traballamos e promovemos a defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans*en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social.

Os fins da nosa asociación son:

  • Promover a despatoloxización da transexualidade en tódolos ámbitos de atención a menores transexuais e na sociedade en xeral.
  • Ofrecer acompañamento, apoio e asesoramento ás familias e persoas trans* (ata 20 anos) que o demanden.
  • A visibilización, naturalización e difusión da realidade dxs menores trans* e as súas familias.
  • Desenvolver actividades de información e formación (seminarios, charlas, publicacións, talleres, accións audiovisuais, encontros, etc) versadas na transexualidade infantil e xuvenil.
  • Elaboración de protocolos informativos e procedimentales no ámbito educativo, sanitario, social e cultural, a nivel autonómico e/ou local, así como promover a lexislación necesaria para garantir os dereitos dxs menores trans*.

A consecución destes fins levámolos a cabo a través da realización de diversas actividades: charlas, mesas redondas, publicacións, reunións de traballo, elaboración de protocolos, actividades de visibilización, culturais, de lecer, etc.).

O apoio e o acompañamiento que podemos ofrecer as persoas adultas aos menores trans*, xa sexamos familiares, amigxs ou profesionais, é moi importante porque incide nas oportunidades vitais, como sentirse parte dunha familia, estar a gusto no colexio, formar parte dunha cuadrilla e ter plans para o fin de semana, ter modelos positivos que lles axuden a proxectar un futuro posible. Eses vínculos e apoios son imprescindibles para crecer como persoas adultas equilibradas, libres e saudables.

As familias que formamos ARELAS estamos acompañando xs nosxs fillxs e observamos como tras realizar o tránsito social, cando viven socialmente como as persoas que sempre foron, e se sinten acompañadxs pola súa familia e contorno, levan unha vida tan feliz e exitosa como a de calquera outra persoa. Cada día se sinten máis segurxs de si mesmxs, quérense máis, son máis felices.

Queremos construir un mundo mejor para nuestrxs hijxs.

¿Nos acompañas?