Desde ARELAS presentamos un novo programa que poñemos en marcha con moita alegría, “Sí, Somos: Programa de acompañamento e atención integral a xóvenes LGTBI+ e familias de Galicia”.
“Sí, Somos”, tratará de dar resposta de maneira integral e con perspectiva interseccional as necesidades de tipo persoal, social, psico-sexolóxico, xurídico e legal de menores LGTBI+ de Galicia que poden estar sufrindo situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social. Tamén será un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que desexan información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas crianzas e xóvenes.
Neste programa tamén ofertamos un lugar de encontro e creación de experiencias en modo de grupos de apoio mútuo entre pares, obradoiros e actividades ao aire libre en entornos seguros e transpositivos. Este programa está financiado pola Consellería de Política Social dentro das axudas dos 0,7% do IRPF.
Se qieres ou coñeces a alguén que queira formar parte de “Sí, Somos”, pode escribirnos a arelasasociacion@gmail.com, mándanos un wassap ou chámanos ao 686 160 465, en horario de luns a venres de 17:00-20:00 Hs.