Fóisenos a Trini e con ela unha parte moi importante da historia LGTBI+ deste país. Non era unha muller que formase parte do colectivo organizado, non participaba en moitas xornadas ou congresos, non foi coñecida e recoñecida pola maioría da sociedade, pero vaise unha muller moi importante, sobre todo para o colectivo trans. O foi porque era sempre xenerosidade e entrega coas máis débiles, esas mulleres trans traballadoras do sexo sempre esquecidas, maltratadas e golpeadas na cárcere. Ela “a mami” levaba comida e roupa, ela que xa sufriu nas súas propias carnes a lei “de vagos e maleantes”.
Non tivo unha vida fácil e iso notábase na súa forma de falar e expresarse, pero sempre regalábache un sorriso cun “eu paso de todo e que me quiten o bailao”.
En ARELAS coñecémola fai uns catro anos e desde ese momento establecemos unha relación de apoio e axuda mutua. Tratamos de axudala no que puidemos, xs máis novxs escribíanlle cartas e enviaban detalliños e solicitámoslle unha praza de residencia para que puidese vivir os seus últimos anos de vida con certa dignidade. Pero ela deunos momentos moi divertidos, unha morea de recordos e bisutería que foi gardando durante moitos anos, historias inesquecibles e colaboracións en todo aquilo que lle propuxemos. Ela que non tivo unha vida fácil quería seguir axudando dentro das súas posibilidades. Entrega e xenerosidade.
Botarémola moito de menos, moito, pero quédanos a súa historia de vida, o seu legado e todo o vivido. Afortunadamente seguirá moi presente na memoria de todxs xs que a coñecemos e queremos “y que nos quiten lo bailado”.