Compartimos con todxs vós outro dos programas que estamos a desenvolver en ARELAS, TRANSÍtamos, que busca o apoderamento e inserción social de xóvenes trans de 14 a 20 anos.
TRANSÍtamos, trata de ser un lugar de encontro e apoio mútuo, de xóvenes trans que sufren rexeitamento familiar e social, discriminacións e todo tipo de violencias en forma de transfobia.
Ofrecemos asesoramento e acompañamento social- psicolóxico e legal a través de profesionais con amplia experiencia no traballo con persoas en situación de transexualidade. Tamén fomentamos todo tipo de encontros con outra mocidade trans en entornos seguros e transpositivos.
Se queres formar parte de TRANSÍtamos, podes escribir a arelasasociacion@gmail.com, mandar un wassap ou chamar ao 686 160 465 de luna a venres en horario de 17:00 a 20:00 hs.