Onte estivemos no programa “Quen anda aí?” da Televisión de Galiza explicando a urxencia e a necesidade dunha lei trans. Complementando coa perspetiva xurídica da man de Miguel Vieito Villar, a familiar explicada por Cristina Palacios e a visión en primeira persoa de Daniela Ferrández tivemos unha agradable conversa sobre dereitos, prexuízos, estereotipos, e o máis importante: realidades.
Enviamos un agradecemento ao equipo e ao programa pola apertura de espazos deste tipo, pola posibilidade de explicar en primeira persoa a nosa loita.
https://fb.watch/8tD52G9Fu2/
https://fb.watch/8tD52G9Fu2/