Desde ARELAS queremos compartir que este pasado venres 22 de outubro, o noso asesor legal e avogado Miguel Vieito Villar, realizou unha formación sobre “atención policial da diversidade afectivo-sexual e contra a LGTBIfobia” a membros da Policía Local do concello de Santiago de Compostela.
Unha actividade pioneira neste concello, tan necesaria nun momento actual de aumento de situación de discriminacións e violencias LGTBIfóbicas.
Esta actividade de formación, súmase a outras realizadas con profesionais do social dependentes do Concello e con centros educativos dentro do programa “DIVA”, financiado pola Concellería de Igualdade Compostela, territorio das mulleres.
Desde ARELAS, agradecemos tanto a implicación e o empuxe da concelleira e primeira Teniente de Alcalde, Mercedes Rosón Ferreiro, a concellería de Mobilidade, Seguridade Ciudadán e Festas, así como a Xefatura e Policía Local do concello de Santiago de Compostela polo compromiso, interese e colaboración.
Desde ARELAS, seguiremos co noso empeño de seguir loitando e traballando contra a LGTBIfobia desde o rigor, a formación eo coñecemento libre de estereotipos.