Seguimos fomentando o coñecemento sobre diversidade seuxal e contra a LGTBIfobia, e mañá mércores 28 pola tarde, o noso avogado Miguel Vieito Villar dará unha formación en Alfabetización de dereitos, dirixo a familias con filles LGTBIQA+.
Seguimos coas formacións o próximo xoves 29, pola mañá, a nosa presidenta Cristina Palacios dará unha formación a todo o alumnado de 3º da ESO do IES A Pontepedriña. Xa pola tarde, unirase Miguel Vieito Villar e ambos darán unha formación dirixida a profesionais do eido social, socio-sanitario e legal dependentes do concello de Santiago de Compostela.
Todas estas actividades forman parte do programa DIVA, de formación, atención e acompañamento a persoas LGTBIQA+ e familias do concello de Compostela. Un programa financiado pola concellería de igualdade do Pazo de Raxoi.
Seguimos achegando coñecemento serio e riguroso.