Fai un ano puxemos en marcha o programa Canle #Libresnacasa para acompañar, informar e orientar a menores trans sin apoio familiar. Desde entón non deixan de chegar casos, cada cual máis preocupante.
É evidente que a Pandemia pola Covid-19 fixo estragos para xs menores trans que se viron obrigadxs a convivir con familias que xs rexeitan.
Pero non podemos obviar o aumento nestes últimos anos, de discursos e violencias por odio cara a colectividade LGTBIQA+, sobre todo o colectivo trans. Un odio fomentado desde grupos relixiosos ultraconservadores e LGTBIfóbicos, a extrema dereita e o feminismo trans-excluinte. Discursos que calan na xente e que teñen consecuencias directas na vida de moitxs menores trans, sen dúbida, os máis vulnerables do colectivo xunto coas persoas migrantes e maiores.
Desde ARELAS seguimos traballando para que as familias acepten, respeten e acompañen incondicionalmente as súas crianzas. Seguimos acompañando a quen non ten apoio familiar. Pero os poderes públicos teñen a obriga de traballar por erradicar todo este odio e violencias LGTBIfóbicas. Aínda que parece que non é un tema urxente na súa axenda.
Triste, moi triste.😔
¿Sofres rexeitamento e tes que convivir ca túa familia?¿Estás sufrindo discriminacións?¿Ciberacoso? ¿Precisas información sobre transexualidade ou acceso a tratamentos médicos?
¿Precisas axuda para activar o Protocolo Educativo de Identidade de Xénero da Consellería de Educación? ¿Tes dúbidas sobre como cambiar legalmente o nome e sexo? ¿Queres formar parte dun grupo de autoapoio virtual?
Se tes ata 20 anos, mándanos un whatsapp ou chámanos ao 686160465, tamén podes enviarnos unha mensaxe coa túa demanda ou necesidade a través deste formulario: https://asociacionarelas.org/gl/libresnacasa/
Dende ARELAS, axudarémosche a ser un pouco máis #Librenacasa