Dende ARELAS, queremos informarche que seguimos traballando co programa Apodéra-T, servizo de apoderamento e acompañamento sociolaboral dirixido a mulleres trans de 16-30 anos, residentes en Galicia.

Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea. O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluir unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral
Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T, trataremos de axudar a estas mulleres na procura da mellora das condicións de vida, fomentando a autoestima e a confianza necesaria para lograr maiores niveis de autonomía, proporcionando unha formación transversal que as dote de competencias básicas, sociais e laborais que faciliten a súa inserción socio-laboral.
Profesionais de distintas disciplinas con experiencia no traballo dos dereitos trans: Charo Alises- ámbito legal, Cristina Palacios- ámbito social, Vicky Barambones- saúde emocional e Aitzole Araneta- ámbito da sexoloxía, axudaremos a superar os teitos de ferro con información, asesoramento, obradoiros, creación de redes de apoio e acompañamento.
Porque o primeiro paso é apoderarnos. Porque temos a responsabilidade colectiva de procurar dereitos, mais tamén o dereito individual.
Para poder formar parte do programa pódes contactar con nós a través:
correo arelasasociación@gmail.com
Watshapp ou teléfono 686 160 465, de 09:00-13:00 h e de 17:00-20:00 h.