O pasado 24 de marzo estivemos co profesorado e familias de FOAMPAS Vigo, falando e reflexionando sobre a realidade trans infanto-xuvenil.

Moitas grazas a Foanpas Vigo por contar de novo con ARELAS e como non agradecer a Deputación Pontevedra por seguir apoiando este proxecto que tantas alegrías nos ten dado.

Se queres levar a campaña fotográfica itinerante “Sorrisos Transformadores” o teu colexio, instituto, universidade ou Concello, e contar cunha charla sobre diversidade sexual e de xénero, podes solicitala aquí.