Para ARELAS os orgullos son visibilidade, comunidade, sensibilización, concienciación e recoñecemento dxs pioneirxs.
Neste ano 2021 que xa imos rematando o V Aniversario da entidade, quixemos facer unha mullerenaxe a pioneira da Galiza.
Pola súa historia de vida, polas súas loitas, por mover todos os marcos, pola súa inmensa xenerosidade, este Orgullo Diversx das familias de ARELAS, vai adicado a unha linda e gran persoa, Laura Bugalho Joana Beltranexa
Porque sempre fuches, eres e serás semente de futuro. Lume!!
De novo, agradecer o traballazo do cartaz feito por Prince Vidal. Moi grande!!