O próximo domingo, día 26 de setembro, a partir das 11:00 estaremos na Mostra do Posible, na Alameda Nova de Cangas, onde atoparás unha chea de actividades. Poderás achegarte ao noso punto de información sobre transexualidade infanto-xuvenil onde te informaremos do traballo que facemos en Arelas acompañando a centos de menores trans e ás súas familias, dando visibilidade á diversidade afectivo-sexual, ofrecendo formación en tódolos ámbitos nos que se desenvolve a vida cotiá das nosas crianzas e moitas cousas máis. ESPERÁMOSTE!!!