¿É unha boa nova? Si.
¿Implica isto despatoloxización? Non.

Explícome:

-O CIE-11 non vai entrar en vigor até o 1 de xaneiro de 2022.
-Entre 3 e 10 anos levará a implantación
-A transexualidade muda de nome e de categoría, pero segue na clasificación.
-Non se elimina a “incongruencia” na infancia e adolescencia.
-O DSM seguirá igual que segue (Estados Unidos xa dixo publicamente que non seguirá o CIE).

Positivo, insisto, é; pero a min déixame certa decepción no corpo.
¿En que vai mudar esta nova a vida das persoas trans mañá á mañá? En nada en absoluto. E non o fará até, no mellor dos casos, dentro de anos (e bastantes).
E só para que conste… de mérito da OMS nada. Se alguén ten motivos para se alegrar disto son xs activistas, entidades e organizacións que cada día loitan como ninguén por avanzar en dereitos e nunha sociedade plural e diversa sen tutelaxes clínicas.

(Se vedes nalgún xornal novas triunfalistas que dan a despatoloxización por feita… en fin: minten. Xa o daban por feito en xuño de 2018 cando se anunciou co gallo do borrador final do CIE).