O martes 27 a partir das 9:30 Hs, a nosa presidenta Cristina Palacios e o noso asesor legal, Miguel Vieto , estarán dando unha formación sobre diversidade sexual e contra a LGTBIfobia, a profesionais da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de As Pontes.
Unha formación moi necesaria, que achegará as realidades e vivencias de moitas persoas LGTBI+, así como a mellor forma de acompañar e loitar contras as violencias LGTBIfóbicas.
Esta formación realízase a través do programa Sí,Somos, servizo de asesoramento e atención integral a xóvenes LGTBI+ de Galicia , familias e contorna social, financiado pola Consellería de Política Social.
Setembro 27,2022