SÁBADO, 5 DE NOVIEMBRE DE 2022 DE 12:30 A 13:30
MANIFESTACIÓN POLOS DEREITOS HUMANOS DE TODAS AS PERSOAS TRANS, 5N COMPOSTELA
Praza 8 de Marzo
A resistencia trans consolídase como unha forza motora para transformar
inxustizas, desigualdades e estigmas en igualdade, equidade e respecto. O colectivo de persoas trans e as súas familias, esiximos que o ano non termine sen a aprobación da Lei Trans.
Unha lei que vén reparar máis de 40 anos de violencias e desigualdades, pero tamén a garantir
igualdade de oportunidades para acceder a dereitos nas mesmas condicións ao
resto da cidadanía.
As persoas trans e as súas familias levamos xa moitos anos loitando por esta
lei e seguirémolo facendo, porque non podemos seguir esperando máis. E o próximo 5 de novembro diremos en Compostela, que a Lei Trans non pode deixar ningunha realidade, nin a ninguén
fóra. Por iso insistimos en que o dereito á identidade baixo o principio de autodeterminación
non pode ser menoscabado nin negado para as nosas infancias
trans.
Acompáñanos o próximo 5N en Compostela para reclamar Dereitos Humanos para todas as persoas trans e a aprobación inmediata da Lei trans estatal que traiga dignidade, recoñecemento e liberdade para todas as persoas trans do Estado.
Outubro 25,2022