Dende ARELAS levamos anos traballando con centros educativos de toda Galiza, tratando de achegar a todo o alumnado e profesorado a diversidade de identidades, orientacións e familias, loitando por erradicar a LGTBIfobia. Buscando continuamente mellorar e ampliar as accións formativas presenciais que facemos nas aulas co alumnado, elaboramos materiais educativos para uso e desfrute de calquera persoa allea á entidade, con ganas de seguir visibilizando e formando sobre estas realidades dende unha mirada positiva, transformadora e inclusiva.
É por isto que presentamos este novo material con motivo da celebración do 8 M, día da Muller, coincidinte no mes que se celebra o Día Internacional da Visibilidade Trans. O facemos como unha ferramenta contra a discriminación e a invisibilidade das mulleres trans en datas sinaladas., para darlles o seu espazo na loita feminista contra as violencias e desigualdades machistas.
Queremos sensibilizar e concienciar a toda a sociedade de que as rapazas e mulleres trans que dende a súa infancia e adolescencia loitan contra o rexeitamento social, son presas da desigualdade xerada polo cisheteropatriarcado. Ao igual que calquera muller, tamén son víctimas da discriminación machista e teñen que loitar contra o acoso sexual, a violencia de xénero, a fenda laboral e salarial. Pero tamén contra os prexuizos, o rexeitamento familiar e social, a falla de referentes positivos, a deficiente formación e a falta de capacitación laboral, obstáculos moi importantes para o apoderamento e a integración social destas mulleres. Podes ver todo o material aquí: https://asociacionarelas.org/programas/material-8m2022/ .
Precisamos, agora máis que nunca, sororidade e #feminismoinclusivo para Transformar a sociedade! Porque #otranséreal e #asmullerestransnonmeborran
Aquí podes ver e descargar tamén o material do ano pasado por si queredes engadilo: https://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/
De novo, queremos agradecer o traballazo de Prince Vidal que ilustra e maqueta como o gran artista que é. Maravilla
Oxalá nos axudedes a difundilo e o utilicedes coa mesma alegría co que nós fixémolo.
Unha aperta transfeminista!