Bo día a todxs! Hoxe compartimos unha das biografías do material que realizamos desde ARELAS con motivo da celebración do 8M https://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/ , para visibilizar 10 mulleres trans pioneiras/referentes, tratando de darlles espazo e recoñecemento no día da muller.
Presentamos a Liniker, cantautora e exlíder da banda brasileira “Liniker e os Caramelows”, que tivemos o pracer de coñecer e compartir debate con ela nunha visita a Galicia.
A súa música é unha gran influencia nxs mozxs brasileirxs que enfrontan discriminación
de xénero, un público que “case nunca se atopa representado na música
dese pais”. Promove o cambio social e busca representación para a cultura trans negra
nunha contorna social hostil. Con todo, tamén expresou o seu descontento polo feito
de que ás veces, especialmente durante a súa transición, pasou demasiado tempo
nas entrevistas discutindo o seu xénero, e comparativamente pouco discutindo a súa
música.
Convidámosche a seguir investigando sobre a súa biografía e a adorala a través da súa música: https://www.youtube.com/watch?v=zVrc1qeth-4
Sororidade e #feminismoinclusivo para Transformar a sociedade! Poque #otranséreal #asmullerestransnonmeborran 🏳️‍⚧