#Libresnacasa xurdiu a raíz duns relatos moi dolorosos duns rapaces do grupo de autoapoio de ARELAS.

Cada día escoitamos nos medios de comunicación o dificil que está a ser este tempo para moitas persoas, sobre todo para menores que debido ao COVID-19 están confinadxs coas súas familias, quizáis en espazos pequenos ou sen acceso a internet, sen poder recibir en igualdade de condicións a educación virtual, con problemas económicos, sen saber que pasará cos seus ingresos, ou sufrindo violencia de xénero ou intrafamiliar… imaxinarvos o que ten que supoñer que ademais sexas un menor LGTBI+ e que non contes co respecto, agarimo e acompañamento da familia coa que tes que convivir 24 H no mesmo espazo.

As familias de ARELAS non necesitamos imaxinalo: nós acompañamos a menores que están a vivir esta situación, con familias que non xs recoñecen, que non lles chaman polo seu verdadeiro nome e identidade. Sabemos o que supón para elxs ser rechazadxs e que teñan que escoitar unha e outra vez: “Nunca serás unha muller”, “Nunca te tratarei en masculino”, “Como que non es nin home nin muller?!”, “Só me faltaba unha marica/ tortillera na familia”… Tamén sabemos moi ben o que supón para moitxs delxs non poder acudir ao seu centro educativo, onde sí teñen o apoio dxs seus compañeirxs de aula ou dxs seus amigxs que x entenden e animan a seguir adiante.

Por iso desde ARELAS poñemos en marcha a campaña #Libresnacasa e pedimos a vosa axuda para que entre todxs poidamos animar a estxs menores LGTBI sen o agarimo e apoio familiar, enviando mensaxes cargadas de positividade para que saiban que teñen o noso e que ainda non poidendo sair a rúa, en certo xeito poden ser libres na casa a través do noso recoñecemento. Podedes enviarnolas a través das nosas redes sociais ou do correo electrónico: arelasasociacion@gmail.com dirixíndoas a estas persoas LGTBI+ ou ás familias que non lles dan o apoio merecido. Tamén podedes facernos chegar vivencias en primeira persoa sobre o que supón para vós estar nesta situación.

Ti elixes por ou non algún dato que te identifique: O nome, a idade, un alcume, os teus pronomes… ou nada, poden ser completamente anónimas. Cada día publicaremos varias destas mensaxes ou vivencias para difundilas e facelas chegar a quen máis o necesita nestes momentos.

Axúdasnos neste importante reto de levar positividade e liberdade a moitas casas?! #Libresnacasa 🏳️‍🌈💜🏳️‍⚧