Recordade que non podedes perder esta mesa tan interesante que promete estar a altura da que tivemos o sábado pasado con profesionais falando de prácticas transpositivas. Hoxe teremos a gran oportunidade de presenciar esta mesa tan interesante e necesaria no medio do debate e polémica : “Ley Trans, un debate desde lo jurídico”, onde falarán e debatirán referentes no ámbito xurídico-legal e nos dereitos das persos trans.
En primeiro lugar temos a Marina Sáenz , Catedrática de Dereito Mercantil pola UVA, activista polos dereitos Trans e asesora e colaboradora de varias leis LGTBI españolas.
Yolanda Bustos, Profesora titular de Dereito Civil da UA.
E por último, pero non menos importante, Miguel Vieito Villar, Investigador, Avogado e Asesor legal de ARELAS que fará de conductor da mesa.
Non deixedes de ver e escoitar este debate tan importante, nun momento onde se está a espallar tantos bulos sobre o borrador da Lei trans estatal. O podedes facer en directo a partir das 19:30 H desde esta páxina.
No mes da visibilidade trans, Nosoutres debatimos, Nosoutres dialogamos!