Despois de varios meses de traballo, revisión de borradores e diálogo directo con ILGA, Transgender Europe e outras entidades LGTBIQA+ de ámbito europeo, podemos dar publicidade a unha nova participación de ARELAS nun informe Comunitario.
Neste caso, ARELAS foi unha das dúas únicas entidades estatais en participar no Informe “LBTI Women in sport: Violence, Discrimination & Lived experiences”; pioneiro en visibilizar unha das moitas formas de violencia contra das crianzas e menores trans.
Como sabedes, non é o primeiro informe destas características no que temos a oportunidade de participar, e de seguro non será o último. ARELAS aposta decididamente pola creación de coñecemento, o estudo, a investigación e a análise das realidades que afectan ao colectivo trans.
Confiamos en que este informe sexa unha ferramenta máis de incidencia e esperamos que contribúa a cambios reais no mundo deportivo (materia esta na que levamos anos traballando en varias frontes).
Como sempre, agradecer o traballo e coordinación de Miguel Vieito Villar coa ILGA World
https://ilga-europe.org/…/ilga-europe…/lbti-women-sport