O DOGA do pasado 29 de decembro publicaba a convocatoria da “I Xornada sobre diversidade afectivo-sexual (profundando no coñecemento do colectivo LGTBI+ e os delitos de odio)”, dirixida a persoal das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
Trátase da primeira ocasión, en ámbito autonómico, na que Policía e Garda Civil poderán formarse nestas materias, de tanta relevancia e tan necesarias!
Trátase tamén dun dos casos de éxito “visíbel” do traballo “invisíbel” que constantemente realizamos dende ARELAS. Neste caso, o que hoxe é un froito iniciou en 2021 cunha suxestión que dirixirmos á @agaspgalicia en colaboración coa Valedora do Pobo e que foi finalmente aceptada.
Dende ARELAS cremos na colaboración coas Forzas e Corpos de Seguridade no que respecta á súa formación, como vehículo para unha atención respectuosa, na súa máxima expresión, cos dereitos da cidadanía.
É por isto que levamos xa varios anos colaborando co Pazo de Raxoi na formación policial, neste caso ás/aos axentes e inspectorxs a Cidade.
Ver esta convocatoria no DOGA, este primeiro paso… é motivo de felicidade e fainos encarar 2023 con renovado optimismo!
Graciñas sempre a todxs xs que facedes posíbel o traballo de ARELAS, e benvidas sempre as Administracións Públicas que se abren a colaborar coa diversidade!
Xaneiro 10,2023