Organizado por Nós Diario , ARELAS, Sete Outeiros, Avante LGBT+ Lugo e a @Rede Museística Provincial de Lugo, dentro do programa do Orgullo Lugo Diversx 2020 co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

Dotado con 250 euros para o traballo gañador e con 150 para o subcampión/a, ademais da publicación de ambos tanto na versión en papel como na dixital de Nós Diario. No concurso poden participar tanto persoas maiores de idade como menores con autorización expresa.

Os textos xirarán sobre a temática da diversidade sexual, deberán ser orixinais e inéditos e estar escritos en lingua galega en calquera das súas normativas.

O límite para a recepción dos traballos será ás 23.59 horas do día 23 de outubro de 2020 e o fallo do xurado terá lugar o 22 de novembro.

Poderase participar cun máximo dun microrrelato, que se fará chegar a través do enderezo concurso@nosdiario.gal en formato pdf.

Animádevos a escribir e participar. Facédenos chegar todos eses textos que seguro tedes gardado nalgún lugar.

Que non pare a Cultura e os Orgullos Diversxs!