As familias de ARELAS queremos facer unha mullerenaxe coa emoción contida destes días pasados. Damos a despedida a unha das mulleres máis importantes desta extensa familia que é ARELAS.
Dicimos un ata pronto a nosa querida Eva, muller forte e valerosa, nai e avoa. Muller loitadora coma poucas.
Nunca deixarás de existir para nós porque son moitas as loitas, vivencias, conversas e sorrisos os que nos tes dado. Moitos momentos de alegría e moitas empanadas de millo as que nos tes regalado!
Nunca che esqueceremos querida Eva, xa formas parte da memoria histórica deste colectivo trans polo que tanto deches.
Enviamos unha aperta inmensa as súas netas Raquel e Mariam, que pasan a ser as nosas fillas a partir de agora. Outra aperta moi grande a toda a súa familia e persoas que tanto a querían.
Querida Eva, alá onde vaias, non deixes de bailar e sorrir. Querémoste linda!
Febreiro 16,2022