Gañadoras do I Concurso de Ilustración e Debuxo Artístico sobre diversidade sexual.
Categoría ata 12 anos:
Fainos moi moi felices poder anunciar as dúas gañadoras do I Concurso de Ilustración e debuxo artístico sobre diversidade sexual, na categoría de ata 12 anos.
- 1º Premio, dotado de 150 €:
“Faille caso ao teu corazón”, de Izumi, 11 anos e alumna do Colexio Público Wenceslao Fernández Flórez, A Coruña.
- 2º Premio, dotado de 100 €:
“Sae do armario”, de Mandarilota, 11 anos e alumna do Colexio Público Wenceslao Fernández Flórez, A Coruña.
Moitos parabéns as dúas por presentar estes traballos tan orixinais e cheos de diversidade e cor.
Non deixedes de seguir facendo cousas tan lindas que nos fan crer nun mundo mellor. Grazas !!