Formación ao persoal de Disney-España.

O xoves 25 de xuño, ARELAS deu unha formación virtual con empleadxs de Disney España-Portugal, onde falamos da importancia de visibilizar e sensibilizar a xente máis nova e as familias sobre o respecto e acompañamento das vivencias e realidades LGTBIQA+.

Reflexionamos das principais formas de LGTBIQAfobia para poder previlas e da importancia da linguaxe inclusiva.

Insistimos moito sobre o imprescindible que é para as crianzas e mozxs LGTBIQA+ ter referentes nos que identificarse e construir a súa personalidade, tanto ou máis que o resto da infancia e xuventude.

Ogallá todas estas colaboracións de ARELAS con Disney España poida dar froitos convertidos en persoaxes LGTBIQA+ que respondan á realidade das vivencias diversas.


Formación ao equipo educativo do CIEMA de Ourense.

O luns 14 de outubro o noso xurista e asesor legal Miguel Vieito e a presidenta Cristina Palacios asistiron o CIEMA de Ourense para dar unha formación ao equipo Educativo, sobre a “realidade trans infanto-xuvenil, coñecer para un mellor acompañamento” e sobre “Xs menores no Ordenamento Xurídico: o libre desenvolvemento da súa identidade de xénero”.

Máis información aquí.


Formación a técnicxs e profesionais dependentes da Dirección Xeral de Familia, Menores e Dinamización

O pasado 19 de decembro estiveron Cristina Palacios Presidenta de ARELAS e Miguel Vieito avogado, xurista e asesor legal de ARELAS, no Salón de Actos en San Caetano ante uns 120 profesionais (equipos de menores, centros de protección dx menxr, teléfono dx menxr, pedagogxs, psicólogxs, educadores sociais,…), formando e achegando a realidade de moitxs menores trans, as violencias e situacións de transfobia que se dan cada día, dando a coñecer o papel dxs profesionais do eido do social e falando da lexislación existentes e dos dereitos dxs menores trans… Coñecer, para acompañar e transformar realidades.