Pois un ano máis remata e damos a benvida a outro cheo de esperanzas. Pero antes de rematar o ano, un recordo e unha mullerenaxe as catro mulleres que nos deixaron neste 2022 na gran familia de ARELAS.
Un recordo para Eva Rubio, Pili Faci, Marisa Domínguez e Trini Falcés. Catro grandes mulleres que loitaron pola felicidade dxs seus e de tantxs outrxs que foron, son e serán. Grandes referentes que deixaron en nós unha gran pegada e recordos que non esqueceremos.
Ogallá o 2023 sexa un ano onde os dereitos de todas as persoas disidentes, sexan unha realidade. Que a diversidade sexa un motivo de celebración e a xustiza o que nos mova a loitar cada día.
Saúde e vidas dignas para todes.
Decembro 31,2022