Pois como a vida ten que seguir, en ARELAS seguimos traballando pola xuventude trans. Mañá venres 9 e ata o domingo 11, celebraremos outro fantástico encontro de xóvenes trans e aliadxs en Panxón.
Toda unha fin de semana xunto o mar, con obradoiros, xogos, tempo lúdico, convivencia e moitos, moitos sorrisos.
Ademáis contaremos con xente moi linda que realizarán talleres de moito interese para a nosa mocidade.
O sábado estarán con Martina González Veiga, Psicóloga e sexóloga de @ConMuchoGusto co obradoiro “Transitando as sexualidades”. Xa pola tarde terán o obradoiro musical “Cadáver exquisito musical” con grandes Éric Dopazo e @JoséGayoso, Pirata/s sen parche , ademáis dun conciertazo que dará inicio a gran festa do sábado noite.
O domingo realizarán un taller de ilustración e manga co gran artista Prince Vidal, ilustrador habitual de materiais de ARELAS. Ademáis de sesión de cine, talleres de maquillaxe Drag e creación de abalarios e pulseiras coa bandeiras trans. Toda unha fin de semana na que disfrutar e evadirse un pouco do día a día, collendo forza para o curso que xa comeza.
Con estes encontros, en ARELAS tratamos de crear espazos seguros e positivos, nos que establecer redes de apoio e desenvolver valores de cooperación e solidariedade fomentando o apoderamento persoal da mocidade trans.
Esta actividade está financiada por Xuventude Galicia
dentro do programa Cuída-T.