Hoxe queremos presentarvos a outra mulleiraza que se inclúe no material que acabamos de presentar con motivo do 8M https://asociacionarelas.org/gl/programas/material-8m/, Elsa Ruiz Cómica . Ilustradora, presentadora e activista feminista. Colaborou no programa “Todo es mentira” da canle de Televisión Cuatro, dedicado a tratar as noticias falsas e bulos que inundan as redes sociais cun toque de humor.
Criouse nunha familia chea de ironía e gargalladas, por iso hoxe en día é coñecida por ser cómica habitual nos escenarios de España, utilizando o humor para visibilizar ao colectivo, acabar cos estereotipos e loitar por un feminismo inclusivo.
“Ás mulleres trans cosifícannos moitísimo, para moita xente somos algo exótico e morboso”; o machismo e o patriarcado afectan a cada persoa de maneira diferente, e ela defende que toda muller debería ser apoiada nesta loita.
Tamén ten moita forza nas redes sociais e documenta o seu día a día como muller trans na canle de Youtube “Lost in transition”, axudada pola sua moza Gemma. Aquí podedes ver todos os seus vídeos: https://www.youtube.com/channel/UCpTsqkTXHK2-_f42f0XbUdw.
Doutra banda, dende pequena gustou de debuxar e publicou no 2018 o seu libro “Lost in Transition; o la historia de la pizza con piña”, onde recolle múltiples vivencias en formato cómic. Ela mesma di que é como a pizza con piña: diferente e diversa pero tan suculenta (ou máis) que cualquera outra pizza”. Non deixedes de ver o monólogo porque vos ides a partir de risa https://www.youtube.com/watch?v=SBZAiKTl10U&t=2s
Grazas por facernos sorrir tanto, polo teu #feminismoinclusivo e por axudarnos a concienciar de que #otranséreal !💜🙌🏳️‍⚧