Hoxe en Arelas, asociación de familias de menores trans temos un sentimento agridoce. De novo a transfobia fixo acto de presencia, pero non calamos, non imos permitir que invisibilicen as persoas trans e moito menos as nosas crianzas. Ocorreu este domingo en Teo, onde unha das nosas nenas, xunto coa súa familia, tivo que escoitar un discurso tránsfobo nun acto que supostamente homenaxeaba ás mulleres. O que non contaban era con que o público non tolerara esta actitude de transfobia e se levantara en acto de protesta, sacando as bandeiras e dando unha lección de feminismo transincluínte. Así é como se combate a estes personaxes que pretenden invisibilizar as persoas trans. Agora non valen as falsas desculpas!!! Bravo, Teo!!!
#feminismoinclusivo #asmullerestransnonmeborran #otranséreal

Un acto en Teo, para conmemorar o 8 de marzo, remata con berros, discusións e presuntas denuncias