Desde o ano 2009, o 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Trans, dedicado á sensibilización en contra da discriminación cara ás persoas trans en todo o mundo.
Seguimos atopando que os prexuízos e tópicos seguen interiorizados pola sociedade, sen cuestionarse o absurdo dos mesmos. Mesmo seguimos atopando a persoas que cuestionan a propia existencia ou o dereito para existir das persoas trans.
E é que aínda que a sociedade está cada vez máis sensibilizada, grazas ao traballo no eido educativo, queda pendente ese imaxinario colectivo da non correlación entre corporalidades e identidades, ou a marxinalidade e estigma.
Desde ARELAS queremos recoñecer a aquelas persoa que á conta da súa intimidade e mesmo ás veces, da súa propia seguiridade, fanse visibles para educar e sensibilizar á sociedade. Tamén para que outras persoas poidan ter os referentes que elas non tiveron.
As familias de ARELAS agradecemos a esa amplia parte da sociedade que cada día traballa para lograr unha sociedade máis libre, xusta e diversa. #asmullerestransnonmeborran #otranséreal #31Mdíainternacionaldavisibilidadetrans