Hoxe 17 M, é o día internacional contra a LGTBIfobia. Un día que nos lembra as innumerables violencias ás que cada día han de facer fronte as persoas consideradas “minorías sexuais”. Esta mirada desde o privilexio cara ás persoas LGTBIA+, lémbranos que o noso colectivo segue tendo menos dereitos que o resto da sociedade. Xs nosxs fillxs LGTBIA+ conviven coas miradas desafiantes ou desaprobadoras, coas agresións verbais, vexacións e humillacións, rumores, danos nas súas propiedades, agresións físicas, intimidacións, ameazas, acoso escolar, cibercoso, abuso sexual, marxinación e exclusión.
Por suposto, son presas desa LGTBIfobia sutil e perigosa que xs “tolera” e xs “acepta” sempre e cando as súas realidades e vivencias queden circunscritas na esfera do privado ou sempre que non se lles note.
As violencias LGTBIfóbicas deteriora a saúde física e mental. Deteriora o autoconcepto e a autoestima persoal. Leva á idea do suicidio.
A discriminación mata.
Afortunadamente, no medio desta sociedade que non entende, apoia e acompaña, sempre estivo ela, Laura Bugalho.
Laura, muller brava e loitadora incansable polos dereitos das persoas trans, pero tamén daquelas persoas empuxadas ás marxes, migrantes, pobres, racializadas, dependentes…
Neste mes de maio no que se reivindica polos dereitos dxs traballadorxs, no que se celebra o día das nais, das familias diversas, honramos a escritorxs galegxs e a importancia de usar e amar a nosa lingua. Neste mes das frores e o renacer da natureza, nace a nosa querida Laura Bugalho Joana Beltranexa .
Desde ARELAS queremos facer unha mulleneraxe a muller que nos ten conquistadas pola súa forza, tenrura e xenerosidade. Porque sempre está onde ten que estar, sempre ten un xesto, unhas palabras de agarimo e recoñecemento cara as nosas crianzas. A utopía, como ela as chama.
Grazas Laura por todo o que nos tes dado e todo o que nos darás.
Porque ti, Laura, eres e serás semente de futuro. Lume!!💜🏳️‍⚧💜
#Laurasementedefuturo #lembrarparaavanzar #Lumeee