No ano 2004, declarouse o 17 de maio como o Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e a Bifobia, en conmemoración do día en que se eliminou a homosexualidade da clasificación internacional de enfermidades mentais pola OMS, no ano 1990.
É indispensable coñecer que as persoas LGTBIQA+ son vítimas de discriminacións, rexeitamento familiar e social, acoso, tortura, detencións arbitrarias e mesmo de asasinato en todo o mundo, a miúdo con total impunidade. O colectivo LGTBIQA+ segue sendo patoloxizado, excluído e estigmatizado pola sociedade. De feito, en Galicia, as persoas trans teñen que seguir sendo tuteladas desde saúde mental, ainda que a OMS deixou de considerar a transexualidade un desorden mental (agora pasan a ser incongruentes). As familias seguen resistíndose a apoiar e acompañar a moitxs dxs seus fillxs LGTBIQA+. Hai centros educativos onde a invisibilización e as violencias contra as realidades LGTBIQA+, é unha constante.
O Día Internacional da loita contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobía é a expresión dunha loita por unha sociedade na que se celebre e acompañe a diversidade. Para seguir reflexionando sobre cantos dereitos quedan por lograr para todas as persoas, independentemente da súa expresión, orientación ou identidade sexual. Para seguir lotando por crear unha sociedade xusta e respetuosa cara ás persoas LGTBIQA+.
Sigamos traballando e loitando porque as persoas LGTBIQA+ non poden seguir esperando para ser felices, o precisan aquí e agora. Precisan de nós que fagamos das súas vidas, vidas vivibles.