Hoxe é o Día Internacional contra o Acoso Escolar. Se xa de por si é unha lacra social, as crianzas LGTBI+ sófreno dunha forma superlativa e, dentro deste colectivo, as crianzas trans son especialmente afectadas. Aquí vos queda un artigo onde se reflicten algunhas das duras experiencias ás que teñen que sobrevivir. Dende Arelas, asociación de familias de menores trans seguiremos formando e informando para que ningunha crianza teña que pasar por situacións tan desgarradoras. Non ao #acosoescolar.
https://www.google.com/…/sufres-acoso-escolar-lgtb…/amp