Hoxe no día da Visibilidade Trans, seguimos facendo unha chamada de atención pola enorme situación de vulnerabilidade de moitas crianzas e adolescentes trans sen apoio familiar, que non poden desenvolverse e vivir libremente a súa identidade. Séguese negando a súa autodeterminación de xénero.
Facemos unha chamada de atención polo enorme descoñecemento e a manipulación das vivencias e realidades trans.
Facemos unha chamada de atención polas discriminacións, rexeitamento e violencias cara as persoas trans, que só poderan ser menos coa aprobación dunha Lei Trans Estatal.
Pero tamén queremos recoñecer, neste día e todos os días do ano, a todas as persoas trans, adultas e crianzas, que desde unha valentía e xenerosidade sen límites, visibilízanse libres e orgullosas de ser, malia as dificultades e barreiras que teñen que derrubar.
Como non, recoñecer as nosas predecesoras como Laura Bugalho Joana Beltranexa que tanto teñen loitado e perdido para traernos ata aqui.
Porque Existimos, Somos e Visibilizámonos!! #otranséreal #serálei #asmullerestransnonmeborran #31M #DíadaVisibilidadTrans