20 de novembro é o Día da Memoria Trans no que recordamos a todas as persoas trans asesinadas no mundo. Abrigo os transfeminicidios que supoñen o 98% destes asesinatos. Mulleres trans asesinadas por ser lidas como mulleres e pola súa condición de ser trans.
Na campaña TRANSmedia, un mundo seguro comeza aquí, son moi importantes as voces das mulleres que nos relatan como sofren-conviven cada día coa violencia de xénero e as violencias transfóbicas e transexcluintes.
Hoxe presentamos o relato dunha voz moi autorizada, pola súa historia de vida e de loita contra as violencias do cisheteropatriarcado, a grande Laura Bugalho Joana Beltranexa que de novo nos achega á realidade dos grupos minonitarios e moitas veces, empuxados ás marxes.
Está campaña de acción e sensibilización social contra a violencia de xénero, foi financiada pola Secretaría Xeral deIgualdade Igualdade na Rede a través de fondos polo Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do @MinisteriodeIgualdad . Se queres acceder a máis información da campaña TRANSmedia, podes facelo aquí: https://asociacionarelas.org/gl/transmedia/
Compartide e difundide para que a mensaxe chegue moi lonxe!
#EuFagoUnMundoSeguro #ParaTodas #Contra_Violencia_Xénero #TransApoio

Non hai acto de rebeldía nin revolución maior, que ser feliz e celebrar a vida cada día, nunha sociedade que che di que non deberías de existir.
Pero hoxe 20 de novembro, día Internacional dos dereitos da infancia e o Día día da Memoria Trans, recordamos e honramos a todas esas persoas que sufriron e sofren a discriminación e a transfobia na súa forma máis extrema. Hoxe lembrámonos das que foron víctimas do odio e o machismo máis radical do cisheteropatriarcado, o asesinato, abrigo as mulleres trans.
Polas que foron, son e serán, rebeldía e desobediencia contra a súa violencia!