Hoxe día de todas as nais, desde ARELAS dedicámosllo a todas esas nais que dunha maneira silenciosa e ás veces solitaria, loitan polo benestar e acompañan xs sexs fillxs LGTBI+, tendo todo en contra, mesmo á súa propia familia.
A todas esas mulleres valentes e xenerosas, feliz día, este e todos os días do ano.
Felíz día ás mamás xestantes, adoptivas, acolledoras, bolleras, bi, trans, migrantes, racializadas, ricas, pobres, con diversidade funcional e intelectual, putas, as que o foron e serán…a todas as mamás que habéndoo escollido ou non, queren, coidan e crían.
Felíz día a todas!!💜😍🙌