Hoxe é outro deses días de enorme tristura para esta gran familia de ARELAS. Foísenos a nosa queridísima Pili, dona de Xabi Caruncho e nai de Andrés.
Todxs xs que coñecemos e disfrutamos de Pili, sabemos que se vai unha gran persoa, buena e cariñosa con todo o mundo, sobre todo co seu alumnado ax que se refería como “xs seus nenxs”.
Muller comprometida co activismo Trans e LGTBIQA+ en xeral. Cando a saúde o permitiu, nunca faltaba a unha manifestación, mesa de traballo ou reunión, pero tamén era das máis divertidas nas festas e celebracións.
Todas as familias de ARELAS botarémosche moito de menos Pili. Tamén o teu home e fillo e toda a xente que tivo a sorte de compartir contigo tempo, sorrisos e coversas .
Alá onde vaias, non deixes de sorrir.
DEP