Hoxe de novo, con toda a dor do noso corazón, temos que despedir a outra mamá de ARELAS.
Esta noite pasada fóisenos a nosa queridísimia Marisa Dominguez Iglesias.
A nosa querida Marisa foise moi nova e non tivo unha vida fácil ao quedar viúva moi nova con dous fillxs, pero foi desas mulleres valentes e xenerosas que sempre tiran para adiante. As familias de ARELAS prometemos seguir coidando e axudando no que precisen María e Álex.
Como imaxinades, están sendo días de moita dor e rabia por tanta inxustiza, porque o azar quixo que con só un día de diferencia, perderamos a dúas nais incribles dunha gran xenerosidade.
Pili e Marisa, as familias de ARELAS nunca esqueceremos todo o vivido xunto a vós.
Descansade en paz.