Hoxe cumprimos seis anos desde que comezamos esta aventura. Un camiño moi intenso e de moito traballo que ten dado moitos froitos.
Hoxe podemos dicir que a vida e o futuro de moitas crianzas e adolescentes trans é un pouco mellor .
Que moitas familias saben acompañar dunha xeito máis respectuoso axs seus fillxs.
Que máis profesionais recoñecen as crianzas e adolescentes trans dun xeito máis transpositivo.
Que a sociedade galega ten unha mirada menos estigmatizante e estereotipada da transexualidade.
Aínda queda moito por facer e conseguir, pero as familias de ARELAS seguiremos loitando polo que é xusto. Seguiremos traballando para que os dereitos das crianzas e adolescentes trans sexan recoñecidos e asegurados no tempo.
Seguimos loitando por sorrisos e felicidade.
Por outros 6 anos máis xunto a todxs vós!!