Dende varías asociacións LGTBI de Galiza convocamos este 31 de marzo, concentracións polo Día Internacional da Visibilidade Trans. Convidámosvos a sumarvos para reivindicar o respecto as nosas identidades e a aprobación, dunha vez por todas, dunha lei específica e integral que nos protexa e axude a vivir máis dignamente. Unha lei trans que recoñeza a despatoloxización e a autodeterminación de xénero, para poder vivir libremente sen diagnósticos nin tutelaxes desde saúde mental.
Únete en calquera dos puntos de Galiza! Porque #otranséreal #serálei #asmullerestransnonmeborran