Este sábado 26 de xuño estreamos o documental PERSOAS S.A de Carmen PG. Granxeiro en colaboración con ARELAS, no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela.
Non perdas a oportunidade de ver un documental que amosa historias do colectivo LGTBIQA+ de Galiza, desde a colectividade.
Unha vez remate o documental teremos un interesantísimo forumcon varias das persoas que aparecen na peza documental: Laura Bugalho , Daniela Ferrández, Enrique Latorre, Brais Papiri, Cristina Palacios e a directora Carmen PG. Granxeiro.
Esta actividade forma parte de Compostela Diversa 2021.
https://www.santiagoturismo.com/…/compostela-diversa-2021